Sunday 05 de May de 2024

Benestar Social creará unha rede de puntos de información para a xuventude


 

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, pretende reforzar a coordinación de todos os servizos e programas relacionados coa mocidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade
creará unha rede de puntos de información para a mocidade. Para iso,
descentralizará o servizo que, na actualidade, se presta no Forúm Metropolitano,
cara a outros dous puntos. O centro Ágora e as naves do Metrosidero son as
ubicacións elexidas para albergar os outros dous puntos. O Centro Municipal de
Información Xuvenil (CMIX) continuará coa súa localización no Fórum Metropolitano,
debido a que se consolidou como punto de referencia tras máis de 15 anos
atendendo aos mozos e as mozas.

O segundo punto no centro Ágora responde, explican desde a concellería, a que o
centro ofrece múltiples actividades e servizos xeneralistas. Segundo os datos da
concellería sobre a poboación do distrito, ocupa a primeira posición en canto á
poboación xuvenil. É un emprazamento óptimo para explorar as interaccións entre o
colectivo xuvenil e o resto da poboación que acode ao Centro Ágora.
As naves do Metrosidero albergarán o terceiro punto de información. O concello
aspira a que este centro se converta no equipamento de referencia para a mocidade
da Coruña e da área metropolitana e sirva como “banco de probas” para accións de
dinamización e difusión de carácter innovador.

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, pretende reforzar neste mandato a
coordinación de todos os servizos e programas relacionados coa xuventude. “O
traballo coa mocidade é tranversal”, explica Neira. Por iso, é necesario a
coordinación con outros servizos de información xuvenil tanto públicos como

Nota de Prensa

privados existentes na cidade e na área metropolitana, así como co resto de
servizos de calquera ámbito que atenden á poboación nova.
A concellería pretende modernizar a rede de información. Trátase, din, de adaptar a
información ás recomendacións da Unión Europea a través das normas
establecidas na Carta ERYICA.

Para levar a cabo esta iniciativa, a Xunta de Goberno Local autorizará mañá a
contratación do servizo de xestión da Rede Municipal de Información Orientación,
Dinamización e Acompañamento á mocidade para o seu desenvolvemento persoal
do Concello da Coruña que fomente a estabilidade no emprego, a igualdade entre
todas as persoas e o respecto ao medioambiente na súa execución, por un importe
de 352.408,66 euros anuais. A duración do contrato é de dous anos prorrogables
por dous anos máis ata un máximo de catro.
Ampliarase o persoal con dous informadores máis. Deste xeito, o servizos contará
con:
Un/unha coordinador/a
6 informadores/ as xuvenís
1 técnico/a informático/a.